Vigo Ruíns. Vigo Ruíns.

  Volver á lista de noticias

Medalla de prata no I Trofeo Dona Urraca

Ruíns perde a final contra Urcos en Salvaterra.

  02/09/2018
Ruíns na cerimonia de medallas.

O pasado sábado celebramos no Campo do Casal, en Salvaterra, o I Trofeo Dona Urraca/II Aberto de Salvaterra de Miño. Queremos agradecerlles aos 10 equipos particiapantes a súa asistencia e a súa deportividade, e felicitar a Urcos como campións desta edición.

Pero, sobre todo, cómpre agradecerlles ao Concello de Salvatierra de Miño, e especialmente á Tenente de Alcalde Marta Valcárcel Gómez, todo o apoio prestado. Por riba de todo o inestimábel servizo de ambulancia e o pavillón para pernoctar, que permitiu que acudisen xogadores e equipos de fóra de Galicia. Tamén por cedernos para o evento as estupendas instalacións deportivas municipais do Campo do Casal. Sen os seus recursos, organizar un torneo destas características non sería posíbel.

Por último, pedímosvos desculpas polo retraso debido á intensa calor, que nos obrigou a facer un parón non programado; e lamentar tamén a ausencia do Concelleiro de Deportes, quen finalmente por motivos alleos á Organización non puido estar presente na entrega de premios.