Vigo Ruíns. Vigo Ruíns.

  Volver á lista de noticias

Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

A Xunta recoñece a Ruíns como Club Deportivo.

  21/09/2017
Un fragmento da resolución positiva.

Hoxe vimos con novas e grandes noticias, non só para nós, se non (cremos) para toda a comunidade de jugger. Levabamos tempo traballando nisto e, a verdade, estamos tan emocionados que non sabemos nin como contalo.

Hai uns meses que as cousas empezaban a ir por bo camiño. Comezamos a traballar nos proxectos que tiñamos pendentes e nos que nunca deixamos de pensar. Fundamos a Vigo Ruíns Academy, como ben sabedes, e tenemos un grupo de mozos con moito potencial e ilusión e moita gana de traballar e seguir mellorando. Pero iso era só a punta do iceberg, o primeiro chanzo para montar un proxecto grande e consolidado, que é o que desexamos todos.

E para poder artellar ese proxecto necesitabamos algo máis, algo que levamos perseguindo moitos durante bastante tempo: necesitamos deixar de ser eses frikis que se pegan de paus para nos converter nuns deportistas que practican aquilo polo que senten paixón. Agora estamos un pasiño máis preto. Hoxe podemos dicir con orgullo que nos constituímos oficialmente como Club Deportivo no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Si, señores, fixemos todo o papeleo pertinente e a Xunta de Galicia nos recoñeceu como Club Deportivo. Esperamos que este sexa o primeiro paso e que poidamos seguir todos por este camiño e, quizais nun tempo, alcancemos esa meta que tanto ansiamos e que o jugger sexa chamado deporte de forma oficial.

Un pequeno paso para Vigo Ruins, pero un gran paso para a comunidade de jugger.

Agora toca que o celebremos un pouquiño, pero sen deixar de pensar no II TIE que está ás portas. Agardemos poder culminar a nosa celebración facendo un bo papel no torneo.

Once a Ruin...
Always a Ruin!