Vigo Ruíns. Vigo Ruíns.

Vigo Ruíns Jugger Club é un club deportivo de Galicia que practica o jugger como deporte principal, aínda que ten á súa vez unha sección dedicada aos deportes electrónicos. Desde o 11 de setembro de 2017 está rexistrado como entidade deportiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia dependente da Xunta de Galicia. Pódense consultar os Estatutos que rexen o Club nesta ligazón.

Primeiro escudo de Ruíns.

Primeiro escudo de Ruíns.

Vigo Ruíns xurdiu como unha broma entre os xogadores de Hobbiton durante a II Xabaril Cup. Isto supuxo a creación dun "cártel de jugger" e a adopción como símbolo dunha pega portando unha luva branca no seu bico. Malia os malentendidos que provocou, Vigo Ruíns non foi nos seus primeiros meses un equipo, senón unha agrupación amistosa de xogadores que eran seguidores dunha mesma filosofía de xogo.

Primeiro posto no Torneo Rexional Michiño.

Primeiro posto no Torneo Rexional Michiño.

A pesar disto, Ruíns disputou un total de tres torneos nos seus primeiros meses de existencia como agrupación:

Fundación de Vigo Ruíns.

Fundación de Vigo Ruíns.

Trala II Lábaro Cup, a meirande parte dos xogadores que militaran en Ruíns abandonaron o proxecto de Equipo Único Vigués. Uns ficharon por Valar Morghulis e outros quedaron en disposición de refundar o "cártel" como un equipo. Con algunha fichaxe nova, Vigo Ruíns refundouse como equipo de jugger o 5 de setembro de 2015 no Porriño.

Con integrantes novos e con carencias, Vigo Ruíns orientouse a edificar un novo equipo, lastrados polo estancamento invernal do núcleo vigués. A formación contaba entón con sete xogadores, mais tiña posicións clave sen un bo titular. Nesta situación, o club recibiu un mazacú ao coñecer a lesión definitiva do seu cazakette titular, Ramiro Zamora, cuxa retirada deixou o equipo en seis xogadores. Despois da participación do equipo na III Cemetery Cup, na que precisaron de freelancers para poder competir, o equipo anunciou a súa participación na IV Winter Cup.

Compoñentes que conformaron o equipo que acudiu á IV Winter Cup.

Compoñentes que conformaron o equipo que acudiu á IV Winter Cup.

Vigo Ruíns participou na IV Winter Cup cos reforzos proporcionados por M&M, xogador do equipo cántabro Rampage, e Porta, xogador do equipo vigués Cova Céltica. Ruíns conseguiu alcanzar o posto 27 no torneo nacional. Ao regreso a Galicia, o equipo decidiu non participar baixo as súas siglas na III Xabaril Cup de Santiago de Compostela debido á súa gran cantidade de baixas, se ben finalmente a meirande parte dos xogadores do equipo acudiron ao torneo santiagués no equipo Medaiwá Jugger, formado eventualmente para a ocasión. Tras este torneo, o equipo fichou a Roberto del Amparo, un dos integrantes de Medaiwá. Así mesmo, antes da campaña estival de torneos o equipo prescindiu de Pose debido á súa falta de interese no proxecto.

Para competir na VII Summer Cup celebrada en Cantabria o equipo sumou a Pau, xogador dos barceloneses Suricatos, e Porte, freelancer vigués. O domingo, debido á falta de xogadores para formar un equipo de cinco de Ruíns, Cova Céltica cedeu a Róber para os partidos da xornada. As vitorias colleitadas outorgaron a posición 17 de 39.

Integrantes do equipo participante no III Fenrir.

Integrantes do equipo participante no III Fenrir.

A semana posterior ao torneo nacional, disputouse en Vigo o III Fenrir. Ruíns volveu contar con Porte para este torneo, chamou a Varo, novato do núcleo vigués, e contou tamén con Zurdo para completar o equipo. Finalmente, Ruíns perdeu contra os coruñeses Ragnarök o partido polo bronce. Tralo torneo, Tharanys relevou a Koi nos labores de capitanía debido á súa ausencia prolongada e o equipo acolleu en condición de pitos tanto a Varo coma a Porte.

Finalizado o verán, Ruíns acudiu ao I Torneo Internacional de España celebrado en Coslada cos reforzos de Cloe e Cabra, do núcleo santiagués, e Morty, coruñés do núcleo madrileño. Durante a fase de grupos o equipo non consiguiu clasificar por un tanto para poder optar a loitar por quedar entre os dezaseis mellores. Finalmente, os partidos restantes determinaron a posición 22 de 46. Uns días despois do torneo, Cee anunciou a súa decisión de abandonar o equipo e deixar o jugger. Tres días antes de rematar o ano, un equipo mermado a última hora, pero coas incorporacións de Zurdo, Pardo, Lugilde e Brian, acudiu ao I Torneo Invernal de Jugger Compostela e acadou o segundo posto.

Para comezar o ano 2017, o equipo informou da marcha de Porte, en período de probas. Logo diso, Ruíns participou no I Torneo Irmandiño organizado pola Asociación de Jugger y Softcombat de Vigo en Salvaterra de Miño. Nesta ocasión, Ruíns sumou a Pau, Lali e Pazos ás súas ringleiras para chegar ao segundo posto. Finalizado o torneo, Varo deixou a súa condición de xogador en probas e converteuse en xogador de pleno dereito. Así mesmo, o equipo anunciou que desta volta non podería participar na V Winter Cup celebrada en febreiro. Malia isto, o equipo acadou o ouro na IV Xabaril Cup. Ademais, no torneo participou tamén un Vigo Ruíns B, formado para o evento, que conseguiu o bronce.

Vigo Ruíns e Vigo Ruíns B na IV Xabaril Cup.

Vigo Ruíns e Vigo Ruíns B na IV Xabaril Cup.

No mes de maio, Ruíns acudiu a Coslada para participar na IV Spring Cup, contando novamente coas incorporacións de Ramiro, Zurdo e Pardo. Tras un primeiro día no que o equipo conseguiu clasificar entre os 16 mellores, dúas derrotas e dúas vitorias durante o segundo día determinaron a posición 13 de 27, o que constituíu a mellor marca de Ruíns ata esa data nun torneo nacional.

Vigo Ruíns na IV Spring Cup.

O equipo que Vigo Ruíns levou á IV Spring Cup.

O 19 de xullo o Club facía público un proxecto que levaba tempo xestando: a Vigo Ruíns Academy. Estas novas incorporacións permitiron presentar dous equipos para competir na VIII Summer Cup, celebrada en Cantabria. O primeiro equipo, tras perder unicamente dous partidos en todo o torneo, quedou clasificado na décimo sétima posición. O segundo equipo, constituído integramente por xogadores debutantes no circuíto competitivo, logrou unha meritoria vixésimo cuarta posición dun total de 39 equipos participantes.

Vigo Ruíns e Vigo Ruíns B na VII Summer Cup.

Vigo Ruíns e Vigo Ruíns B na VII Summer Cup.

O Club volveu presentar dous equipos ao II Torneo Internacional de España celebrado novamente en Coslada. O primeiro equipo superou a mellor marca histórica conseguida na Spring e acadou a undécima posición, mentres que Ruíns B chegou á vixésimo terceira posición do total de 36 equipos.