VIGO RUÍNS ACADEMY

Aedificare novae mundi

Que é?
A quen vai dirixida?
Que ofrece?
INSCRÍBETE

Que é?

A Vigo Ruíns Academy é unha academia para a formación de xogadores de jugger baixo os auspicios do equipo Vigo Ruíns.

Vigo Ruíns considera que a formación de xogadores é un dos piares para o crecemento do deporte. O principio motriz da Vigo Ruíns Academy é a formación integral de xogadores no ámbito da competición de jugger. Para iso, a academia ofrece a aqueles xogadores que o desexen a oportunidade de adrestrar de xeito programado para a competición.

A quen vai dirixida?

Calquera xogador de jugger que teña interese e compromiso é un potencial membro da Vigo Ruíns Academy.

Formar parte da academia esixe que teñas un nivel de compromiso e implicación. Se desexas competir e estás disposto a traballar todas as semanas para facelo, hai un sitio para ti nesta academia. Como xogador da academia terás esixencias acordes ás que teñen os xogadores de Vigo Ruíns. Ademais, estarás sometido ao mesmo réxime interno. Consideramos que este é o único modo de que a academia funcione adecuadamente.

Que ofrece?

Unha formación integral en todos os aspectos do jugger.

Isto quere dicir que os xogadores da academia no só recibirán instrución nas técnicas básicas do xogo, senón tamén noutras áreas relacionadas de vital importancia, como son a estratexia ou a arbitraxe. Por outra banda, a academia é unha rama do Club, polo que ofrece pertencer ao Vigo Ruíns Jugger Club, aínda que iso non implica formar parte do primeiro equipo.

Inscríbete aquí!

Os campos marcados cun asterisco (*) son obrigatorios.

Ao enviar o formulario aceptas compartir os teus datos con Vigo Ruíns Jugger Club para que poida poñerse en contacto contigo. Todos os datos introducidos no formulario serán enviados ao enderezo vigoruinsjc@gmail.com e non serán almacenados en ningunha base de datos, pero quedarán suxeitos á política de protección de datos do provedor do servizo de correo. En calquera momento podes exercer os teus dereitos de consulta, rectificación, limitación e borrado da túa información mediante unha mensaxe dirixida ao mesmo enderezo.